astarot nacion Lyrics

Unha flor, un amor, unha alborada,
unha fonte, un rio, unha praia,
unha estrela, un camiño, unha ialma,
unha terra, un povo e unha fala.

A maneira de busca-lo noso pan,
unha forma de bailar no noso chan,
muiñeiras, alalas ou foliadas,
unha terra, un povo e unha fala.

Un viñedo, un Carballo, unha gaita,
a morriña espallada polo mundo,
a muller que na casa esta emigrada,
unha terra, un povo e unha fala.

Castiñeiros, carballeiras, romerias,
eirexados, mosteiros, gandeiria,
rebordelas, corredoiras embruxadas,
unha terra, un povo e unha fala.

O mareiro vento de esta costa,
o batir das olas en Fisterra,
un ardente corazon que sinte e cala,
unha terra, un povo e unha fala.

See also:

101
101.4
Beyond 温暖的家乡 Lyrics
Titan Corazón Lyrics